Gracias a una colaboración del blog hermano http://www.zentolos.com retomamos la publicación que nos regalan.
Silencios Na Memoria - A Quenlla
Silencios na memoria del grupo histórico gallego A Quenlla.
As iras rompen silencios cando os crimes non se acordan
cando no espantallo dormen paxaros da desmemoria.
Por iso voulles contar levando cousa con cousa
poñendo unha feble luz nun lugar de tanta sombra
Era o ano 36, ano de sangue e afrontas
mártires da libertade quedan tirados na foxa
E en agosto, o 17, disparan armas traidoras
contra de xente inocente…caeu Alexandre Bóveda
Na Caeira, Pontevedra, un mencer triste da Historia,
… se rescatamo-los feitos non deixaremos que volvan!
Popurri (A las barricadas, Himno de Riego, Himno Galego)
A Guerra Civil encheunos a memoria de foxas e o corazón de baleiros. Foi unha victoria que non trouxo a Paz, por que cómpre rompe-lo silencio, recuperando esa, … á súa voz necesaria de cantos alí a perderon. Eran da Frente Popular, anarquistas, republicanos, comunistas, galeguistas, sindicalistas, socialistas, nacionalistas, ou insubmisos á rebelión. Ou inocentes inculpados polo dedo revirado de delatores vingativos ou arribistas de novo mando… Militantes todos eles dun anceio común que exaltaba a dignidade humana e a dos pobos. Querían dar creto á esperanza, esa que aínda hoxe semella que non chega. Eran bos e xenerosos, defenderon o soño dun mundo mellor e máis feliz.
Mais, … espigaron inxustizas, glorificando os abusos, conformando a tiranía para deixar todo oculto, tentando que o tempo borre o que o tempo ó fin descobre. Ninguén a culpa asume. Os herdeiros da victoria van diante e van dicindo: “que é botar máis leña ó lume”.
Mataron, martirizaron, escurecendo as auroras
enchendo a terra de sangue, de medo, loito e derrota
Os vencedores procuran impunes pechar as portas
para negar a verdade para anular a memoria.
Venceron e aínda seguen administrando a victoria
aqueles que ainda hoxe queren facer a noite máis longa.
Perderon creto e razón pois na mentira se agochan.
Mártires son o guieiro e o pobo daralles gloria
A tantos que un día soñaron unha Galicia máis nosa.
Pioneiros da liberdade ¡serán lembrados con honra!
¡serán lembrados con honra!

RETAZOS DE MEMORIA HISTORICA: NO ENTIERRAN CADAVERES... ENTIERRAN SEMILLAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario